Histagra

Ramón Villares Paz

Ramón Villares Paz

Catedrático

ramon.villares@usc.es
Tf. 981563100 ext. 12577

Curriculum

Ramón Villares Paz (Cazás-Xermade, 1951) é Catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela desde 1987. Director do Departamento de Historia Contemporánea (1983-1986), Decano da Facultade de Xeografia e Historia (1986-1990) e Rector Magnifico da Universidade de Santiago (1990-1994), membro fundador e Presidente Presidente da Asociación Española de Historia Contemporánea (1996-2002) e Director en Galicia da Universidad Internacional Menendez Pelayo, UIMP (1997-2005). Tamén é Membro Numerario da Real Academia Galega e Investigador Honorario do Instituto de Ciências Sociais (U.Lisboa) (desde 2011). Membro do Consello Editorial de Marcial Pons, Ediciones de Historia (Madrid) e membro do Consello Asesor de revistas como Historia Social (Valencia), Ler História, Análise Social (Lisboa), Ayer, revista de Historia contemporánea (Madrid). Pertence aos patronatos do Museo do Pobo Galego, da Fundación Luis Seoane, da Fundación Otero Pedrayo e da Fundación Juana de Vega. Actualmente é Presidente do Consello da Cultura Galega, desde 2006.

Director de vinte Teses doutoais, tamén ten sido Investigador principal de sete Proxectos de investigación (convocatorias competitivas), asi como de varios Convenios de asistencia técnica. Ademais de ter participado en numerosos Comités de Avaliación de Proxectos de investigación desde 1988 (DGICYT, Xunta de Galicia, AGAUR  de Cataluña, FYCIT de Asturias), ten sido Consultor externo del Instituto de Ciencias Sociais (Universidade de Lisboa), desde 1999 a 2010. Tamén ten realizado estancias de investigación na Universitá di Bologna (1989) e na EHESS de París (2001). En 2007/2008, foi Chairman do Panel de Avaliación das Unidades de investigación en Historia de Portugal (FCT) e durante os anos 2009/2011, Chairman do Panel de Evaluación de Proxectos de Investigación do Area de Historia, Patrimonio e História da Ciencia (FCT, Portugal)

As súas liñas de investigación son Historia agraria, politización campesina, historiografía, estudios culturales, historia da las migraciones y del exilio.

Entre as súas publicacións destacan: (2004): Historia de Galicia,  Vigo, Editorial Galaxia, pp. 1-476; (2004): “La renovación de la Historia Agraria Española”, en CANAL, J. et al., Sociétés rurales du XXe siécle. France, Italie, Espagne, pp.53-73, Roma, L’Ecole FranÇaise de Rome; xunto a BAHAMONDE, A. (2004): Gaur egungo mundua, XIX. eta XX. Mendeak, Bilbao, Universidad País Vasco, 1-492; (2005): "L’agriculture espagnole au temps d’Isabelle II: réformes institutionelles et expansion agricole", en  CARON J.C. e Chauvaud, F., Les campagnes dans les sociétés européennes. France, Allemagne, Espagne, Italie (1830-1930), pp. 141-158, Rennes, Presses Universitaires de Rennes; (2005): “Nacionalismo e Historia en la España del siglo XIX”, en VVAA, Nacionalismos e Historia, Valladolid, Universidad de Valladolid, pp. 87-110; (2008): “La contribución de Ramón Otero Pedrayo a la Historia Agraria”, en Historia Agraria, nº 44; (2011): Emigrante nun país soñado. Luís Seoane entre Galicia e Arxentina, Santiago, Consello da Cultura Galega; (2011): Galicia: Estatutos de Autonomía, 1936 e 1981, Santiago de Compostela, Parlamento de Galicia; “Castillos frente a castros. La Edad Media en la identidad nacional gallega”, Historia Social, núm.69  (2011), pp. 3-24; “Galicia en l’obra de Paz-Andrade. A propósit de Galicia como tarea,” revista L’Espill, núm. 42 (2013), pp. 49-63;“José Luis Romero y el exilio republicano en laArgentina”, BURUCA, J.E./ DEVOTO, F. / GORELIK, A.(ed.), José Luis Romero. Vida histórica, ciudad y cultura, UNSAM Editora, BuenoEires, (2013); “La crisis como personaje histórico”,  revista electrónica Vínculos de Historia, núm. 2 (2013); “Actuar desde a cultura. Galeguismo  “histórico” e transición democrática”,  GRIAL, 200 (2013), pp. 15-27

 

Publicacións

Ver todas as publicacións do investigador