Coloquio sobre a figura do ex presidente da II República, Juan Negrín

O próximo luns día 13 de abril ás 20 h na librería Lume de A Coruña, terá lugar un debate sobre a figura do ex presidente da II República, Juan Negrín, onde participan o historiador e especialista na figura do político republicano Ricardo Miralles e o IP de HISTAGRA Lourenzo Fernández Prieto. Estarán acompañados pola neta de Negrín, Carmen.

Coa biografía, Juan negrín. La república en guerra Ricardo Miralles rescata a figura de Negrín, un dos políticos españois máis importantes do s. XX. Tan odiado por uns como admirado por outros, este canario resulta unha personaxe imprescindible para completar un período crucial da historia de España: o final da República, a guerra civil e o exilio dos vencidos. Sobre estas cousas e outras, realizarase un debate de sumo interese.

Ligazóns:
Fundación Juan Negrín
Biografías y vidas Juan Negrin
Ateneo Republicano
 

Documents