Histagra

Lourenzo Fernández Prieto

Lourenzo Fernández Prieto

Catedrático (Investigador Principal)

lourenzo.fernandez@usc.es

https://www.linkedin.com/in/lourenzo-fern%C3%A1ndez-prieto-081a9828http://www.researchgate.com/profile/Lourenzo_Prieto

Curriculum

Lourenzo Fernández Prieto (A Devesa-Ribadeo, 1961) é Catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela desde 2005. Foi Vicerreitor de relacións institucionais da USC entre 2007 e 2010 e Director do Departamento de Historia Contemporánea e de América da USC até 2016. Ten dirixido diferentes traballos de investigación relacionados coa construción da modernidade en Galicia e o mundo rural e a guerra civil. É membro do consello de redacción de diferentes revistas de investigación histórica e participou en numerosos congresos e coloquios da especialidade. Ademais, dirixe o Proxecto Interuniversitario “Nomes e Voces”, dedicado á investigación da represión franquista en Galicia.

Foi I.P. en numerosos proxectos de I+D+i entre eles La pequeña explotación y el desarrollo del capitalismo en la agricultura atlántica, SS. XIX-XX en 2000; Agrarian History fos Sustainable Agriculture en 2004; Agricultura atlántica en la Península Ibérica y transformaciones del mundo rural en el siglo XX. Condiciones tecnológicas, medioambientales e institucionales de los cambios en 2005; A guerra civil en Galicia. A represión e a sociedade do franquismo (2006-2009); La socialización en la guerra contra la República y los apoyos de la dictadura franquitsa. Reclutamiento, movilización y participación en el "Ejército sublevado" (1936-1939)" (2009-2012); Políticas agrarias en un contexto autoritario, d ela autarquia a la revolución verde: consecuencias en el agroecosistema, la economía y la sociedad rural (1940-1980). Tamén do Proxecto de Investigación Interuniversitario "Nomes e Voces" desde o 2006.

Entre as súas publicacións destacan os libros máis recentes: (2007): El apagón tecnológico del franquismo. Estado e innovación en la agricultura española del siglo XX, Valencia; (2008): Atraso económico nunha sociedade destruída y Dinamismo social e desenvolvemento económico, A Coruña; (2009): Facendo Historia con Memoria, Santiago de Compostela, Edicións tresCtres; (2010): Informe de resultados. Vítimas Galicia (1936-1939), Santiago de Compostela, Meubook. Capítulos de libros: xunto a SOTO FERNÁNDEZ, D. (2010): “El Atlántico no es el Mediterráneo. El cambio agrario al otro extremo de la península Ibérica: El mismo estado, otros paisajes, ¿Los mismos campesinos?”, en GARRABOU, R.,  Sombras de progreso. Las huellas de la Historia Agraria, Barcelona, Crítica, pp. 231-257; (2011): “Interpreting Galician History: The Recent Construction of an Unknown Past", en HOOPER, K. e PUGA MORUXA, M. (eds.), Contemporary Galician Studies. Between the Local and the Global, New York, The Modern Language Association of America, pp. 24-39; con Aurora Artiaga (eds.) Otras miradas sobre golpe, guerra y dictadura. Historia para un pasado incómodo, La Catarata, (2014); Agriculture in the Age of Fascism. Authoritarian Technocracy and Rural Modernization, 1922-1945 con Miguel Cabo Villaverde y Juan Pan-Montojo, Ed. Brepols (2014); xunto a Miguel Cabo Villverde, Ana Cabana, Daniel Lanero e Antonio Miguez (eds.) do número 5 da revista Wokers of the world "Conflitividade no mundo rural contemporáneo: novas lecturas dun vello problema" (2014). Ten dirixido 12 teses e 13 proxectos de investigación competitivos, así como o Proxecto Interuniversitario "www.nomesevoces.net", dedicado á investigación da represión franquista en Galicia.

Publicacións

Ver todas as publicacións do investigador