Convocatoria de bolsa/contrato pre doutoral asociada ao proxecto HISTAGRA

O profesor Lourenzo Fernández Prieto (HISTAGRA-Departamento de Historia Contemporánea e América-USC) quere dar difusión á convocatoria dunha beca/contrato pre doutoral do Ministerio de Economía y Competitividad asociada ao proxecto:

La gran transformación tecnológica y social de las agriculturas ibéricas: viejos, nuevos y novísimos paradigmas. 1950-2000

Neste proxecto indagarase sobre o período dos grandes cambios estruturais do mundo rural ibérico, no que se produce o fin da agricultura tradicional e a destrución da sociedade rural tradicional. Novas formas de produción e organización ábrense paso en poucos anos dun xeito rotundo e abrupto na paisaxe posterior á guerra, no marco da
desarticulación do pluralismo e a constatación do fracaso das políticas autárquicas de matriz fascista na posguerra europea despois de 1945 e ante unha posible crise ambiental das formas de produción orgánica.

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 26 de setembro.
Calquera interesado/a será benvido/a.

Documents