Conferencia de Lourenzo Fernández Prieto: medio rural e paisaxismo, dende o pasado cara ao futuro, no CFEA

Mañá venres día 20 de decembro, as 12 da mañá o I.P. de HISTAGRA, Lourenzo Fernández Prieto será o relator da conferencia “Medio Rural e Paisaxismo desde o pasado cara ao futuro”, no salón de actos do CFEA (Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo, Bergondo).
Este relatorio enmárcase nos ciclos que o centro ven desenvolvendo baixo a denominación “Transferencia tecnolóxica 2013” dentro dos parámetros das necesidades formativas dos profesionais, entidades, asociacións e poboación relacionada con actividades agrogandeiras, forestais e de dinamización do medio rural.
Máis información:
WEB:
http://www.cfeaguisamo.org/webcfea/index.php?option=com_content&view=article&id=173:conferencia-medio-rural-e-paisaxismo-dende-o-pasado-cara-ao-futuro&catid=30:transferencia-tecnoloxica-2013&Itemid=117