Membros de HISTAGRA no Encontro "A terra en Galicia. Pasado, presente e futuro. A cuestión da terra en Galicia" en Lalín

O pasado 30 de setembro o catedrático de Historia Contemporánea e  membro do Grupo HISTAGRA Ramón Villares Paz, deu a conferencia  inaugural do Encontro "A terra en Galicia. Pasado, presente e futuro".  Levaba por título"A cuestión da terra en Galicia".

Nesta mesa xornada, o I.P do Grupo, Lourenzo Fernández Prieto disertou  sobre o agro galego, co relatorio "Modernizacións históricas do agro  galego".

Por outra banda, o mércores 2 de outubro a investigadora e historiadora de HISTAGRA, Ana Cabana Iglesia participou na mesa redonda "A conflitividade no medio rural", xunto ao profesor de Psicoloxía Luís Fernández Ríos. O debate estivo moderado  polo secretario xeral de política lingüística da Xunta de Galicia Valentín García.

As tres intervencións encádranse dentro do curso que a UIMP-Galicia desenvolveu ao  longo de 2013, nesta ocasión na vila pontevedresa de Lalín entre o 30  de setembro e o 2 de outubro.