A riqueza forestal de Galicia no século XX: produción e explotación

Theses
Autor: Eduardo Rico Boquete
Director: Ramón Villares Paz
Ano: 1994 
 
RESUMO
 
«O autor revisa a evolución da selvicultura en España durante o século XX e a aplicación da política forestal en Galicia a través do corpo de enxeñeiros de montes. Nesta aplicación destacan dúas etapas nitidamente diferenciadas cuxa bisagra é a guerra civil. A partir dela, durante o réxime franquista, os montes galegos sufrirán un proceso de repoboación masivo baseado en especies exóticas que causasen a marxinación do monte do sistema agrario, a súa posta ao servizo de intereses empresariais madeireiros e graves consecuencias sociais, económicas e ecolóxicas no sector agrario galego».