Régimen de propiedad y conflictividad social en la Galicia del Antiguo Régimen: la cuestión de los despojos
Theses
Autor: José Luis Díaz - Castroverde
Director: Ramón Villares Paz
Ano: 1993
RESUMO
«Ao longo da primeira metade do século XVIII a conflitividade en torno ao contrato foral foi en aumento, ata culminar a mediados desa centuria nun enfrontamento aberto entre os donos do "directo" e os diversos foreros, ameazados estes polo despoxo. Da polémica dos despoxos se ocupo a historiográfica pasada e presente, interpretándoa como un choque entre as institucións eclesiásticas e a fidalguía intermediaria, beneficiada ao cabo pola Real Provisión do 11 de maio de 1763, que ordenaba paralizar as demandas que pendían ante a Real Audiencia do Reino. O estudo, ata agora non acometido, dunha gran masa documental, en especial de carácter xudicial, permítelle demostrar ao autor que os campesiños participaron intensamente no conflito, movendo preitos "ruidosos" habilmente conducidos por poder-habientes capaces de converter un litixio ante a Audiencia nun asunto con resonancia social e política.
As tenaces e ben levadas negociacións da Xunta do Reino en Madrid culminaron coa suspensión dos despoxos, con iso saía beneficiada a fidalguía, pero tamén os miles de campesiños que temían verse convertidos en arrendatarios dos monxes benitos».