Reflexións sobre as imaxes do rural nos murais urbanos na Galiza
Díaz-Geada. A. (2025): "Reflexións sobre as imaxes do rural nos murais urbanos na Galiza" (pp. 133-142), en Cupeiro López, P. e Cortés López, M. E. (eds.) Pegadas no muro. Cultura urbana e arte nas rúas, Alvarellos Editora, 2025
Analizar a relevancia das manifestacións artísticas coñecidas como arte urbana e muralismo contemporáneo é o obxectivo deste volume colectivo titulado Pegadas no muro. Cultura urbana e arte nas rúas (Alvarellos Editora). Unha análise desde o ámbito académico, mais tamén desde o profesional e do artístico. Non hai precedentes en Galicia dunha publicación similar, que aborde dun xeito integral o fenómeno dos graffitis, da arte urbana e do muralismo público, nun contexto que abarca desde o internacional ao local.