Somos memoria. Antonio Nores Soliño (1950-2020)

Hervella García, G. e Chillón Iglesias, X.C. (eds.): Somos memoria. Antonio Nores Soliño (1950-2020), Cangas do Morrazo, Asociación 28 de Agosto

O 28 de maio de 2020 deixábanos Antonio. Un loitador incansable pola cultura a historia e a memoria de Cangas e de Galicia. Desde a arqueoloxía á arte, das inquedanzas socioculturais á memoria da violencia, do asociacionismo á protesta, da reivindicación das causas xustas á etnografía. Non houbo espazo que lle fose descoñecido. Amigo dos seus amigos, colaborador incansable, sempre estaba disposto a botar unha man en todo o que o requirisen; os estudantes e investigadores sabían que podían confiar no seu arquivo e nos seus contactos. En todas estas facetas Antonio era e é recoñecible