Labrando nutrientes. Intensificación agraria e manexo da fertilidade do solo na agricultura galega dos séculos XVIII-XIX

Corbacho González, B. (2021): Labrando nutrientes. Intensificación agraria e manexo da fertilidade do solo na agricultura galega dos séculos XVIII-XIX, Valga, Concello de Valga

O traballo céntrase en dúas zonas concretas de Galicia: A Fonsagrada e Ribadavia, que foron escollidos pola investigadora debido á dispoñibilidade de fontes. “Ambos lugares compleméntanse moi ben” para a realización do traballo xa que un, A Fonsagrada, representa un sistema agrícola máis extensivo e característico do interior de Galicia e das provincias menos poboadas. Ribadavia, pola outra banda, estaría máis próximo aos modelos de agricultura intensiva das provincias da fachada atlántica.