o catastro de Martín de Garay na antiga provincia de Betanzos: o caso da vila de Pontedeume

Alberto González Remuiñán(2016): "o catastro de Martín de Garay na antiga provincia de Betanzos: o caso da vila de Pontedeume", Cátedra: revista eumesa de estudios", nº 23
"As seguintes páxinas pretenden servir de achega a unha fonte descoñecida ao mesmo tempo que pouco utilizada: os apeos, recontos e avaliacións xerais levados a cabo polo ministro de Facenda Martín de Garay entre 1817 e1820, tamén coñecidos máis simplemente como Catastro de Garay. Este traballo vaise centrar na análise da fonte tal e como foi atopada no Arquivo municipal de Pontedeume en particular, pero tamén fará referencias á fonte en si mesma ademáis doutros fondos atopados no transcurso dunha investigación de tese doutoral nalgúns territorios das antigas provincias de Betanzos e da Coruña. O traballo cumple así un importante labor de presentación e divulgación, para dar a coñecer unha documentación descoñecida até o de agora pero de grande utilidade, abrindo con isto aínda que sexa modestamente, novas posibilidades de investigación."