André Pereira Veríssimo
Investigador externo
André Pereira Veríssimo é licenciado en Filosofía (FFB-UCP.), mestrado en Filosofía pola FCSH/UNL e en Ciencias Sociais pola Universidade de Vigo e doutor en Ciencias Sociais (Comunicación, Psicoloxía Evolutiva e Ética) pola Universidade de Vigo (UVigo).
Foi investigador Asistente na FLUP (Facultade de Letras da Universidade do Porto): Gabinete de Filosofía Moderna e Contemporánea, baixo a dirección da Prof.ª Dra. Maria José Pinto Cantista da Fonseca (desde 1998), Clasificación de "Excelente": Atribuída polo Comité de Avaliación Externa ao proxecto de Antropoloxía da Dor e do Sufrimento na FLUP. Esta liña de investigación constitúe a base ontolóxica para a defensa da "Razón de Aldea", analizando a eficiencia adaptativa do ser fronte ao sufrimento provocado pola desterritorialización tecnocrática., Bolseiro de Posgrao (1991-1993): FCSH/UNL, Investigador no CEDTUR / CETRAD: Centro de Estudos de Desenvolvemento Turístico (ISMAI) e CETRAD (uID 4011 da FCT). O foco na liña de Sociedade, Territorio e Recursos sitúase en plena converxencia coa "Ética do Monte", estudando a multifuncionalidade do territorio e a xestión do procomún. Colaboración na FDUP (Facultade de Dereito da UP): Investigación en Dereito Natural e Filosofía Política baixo a dirección do Prof. Paulo Ferreira da Cunha, fundamental para blindar xuridicamente o dereito das comunidades locais fronte á expropiación de recursos, iInvestigador no Departamento de Dereito da UNL: Universidade Nova de Lisboa.
Na Actualidade é Investigador Universitario Convidado: Sector de Media e Comunicación na Universidade do Estado de Minas Gerais (UEMG), Brasil. e membro do Grupo de Investigación "Historia e Ontoloxía do Presente": Departamento de Filosofía e Sociedade da Universidade Complutense de Madrid, España.