José María Pellon Gil

José María Pellon Gil

IFP
curriculum

ORCID: 0009-0009-5462-3661

 

Jose María Pellón Gil (Madrid, 1983) é licenciado en Historia pola Universidade Autónoma de Madrid (2007), mesmo centro no que obtivo un mestrado  en Formación de Profesorado de ESO e Bacharelato, especialidade en Historia contemporánea (2011). En 2022, obtivo outro mestrado na Universidade de Lleida, de Ensino de Español como lingua estranxeira. 

 

Actualmente traballa en China de profesor de español e cursa os estudos de doutoramento en Historia Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela. Tamén obtivo os títulos de idiomas do IELTS (inglés) e HSK (chinés). É membro de CIOL (Chartered Institute of Linguists) desde 2023.

 

A súa investigación doutoral, baixo a dirección de Antonio Miguez Macho (USC) estuda as políticas da memoria nos réximes de transición política en Asia (China e Cambodia), comparándoos co caso de España.