Lucia Santiago Sanmiguel

Lucia Santiago Sanmiguel

Mestrado en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio
curriculum

 0009-0001-2690-8952

 

Lucía Santiago Sanmiguel (Senín, Valga, 1992) ten participado en diversas investigacións e proxectos nos ámbitos da historia rural e do patrimonio, especialmente desde a historia oral e con perspectiva social. En canto ás metodoloxías, o foco do traballo xira arredor da recollida e procesamento de información relativa ao coñecemento agrario e agroecolóxico local. 

 

En 2021 recibiu o Premio Ferro Couselo polo súa investigación "A voltas co alambique", que trata sobre a historia da augardente e paisaxes da vide no concello de Valga desde o século XVII até a actualidade, analizando as implicacións socioculturais e históricas que xiran en torno á materia prima coa que se fabrica a augardente e tamén aos procesos de elaboración e consumo da bebida. 

 

Ademais da experiencia profesional, ten unha ampla traxectoria no eido do activismo, participando en diversos proxectos asociativos relacionados co territorio, patrimonio e historia como son o "obaixoulla.gal" ou o "LabUlla: laboratorio de socialización do patrimonio".

 

Actualmente está contratada pola USC (Grupo HISTAGRA) como investigadora do proxecto “Laboratorio EcoSocial do Barbanza - FUNDACIÓN BIODIVERSIDAD 2023 (bioeconomía ámbito forestal)”