Eva López Quiroga

Eva López Quiroga

Graduada en Bioloxía
curriculum

ORCID: 0009-0000-5916-9394

 

Eva López Quiroga (Lugo, 1996) é graduada en Bioloxía (2018) e Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible (2019) pola Universidade de Vigo, cunha estancia de medio ano académico na Universidade Austral de Chile (2017) coa Beca Iberoamericana Banco Santander. Formou parte do Programa de Educación e Intercambio Cultural declarado de Interese Universal pola Unesco “Ruta Quetzal: Aventura no país das esmeraldas” no ano 2015. No 2014 finaliza o seu Grao Profesional en Danza Contemporánea polo Conservatorio Profesional de Danza de Lugo. 

 

En 2019,  foi cofundadora de SomosTerra Sociedade Cooperativa Galega Xuvenil Sen Ánimo de Lucro, na que traballou activamente durante tres anos  como investigadora, formadora e consultora en sostibilidade territorial, agroecoloxía e economía circular, especializada en xestión dos residuos orgánicos e redución da pegada ecolóxica no ámbito agroalimentario.

 

Actualmente, centra a súa labor na Estratexia Alimentaria EO ALIMENTA como técnica superior de xestión e en relación co proxecto de investigación “ComerEo da horta á mesa - Fundación Daniel&Nina Carasso” no Centro de Investigación Interuniversitario das Paixases Atlánticas Culturais (CISPAC), Cidade da Cultura - Santiago de Compostela.