Andrea Rivas Fiel
Contratada Predoutoral pola Xunta de Galicia
ORCID: 0000-0002-4701-3584
Andrea Rivas Fiel (A Coruña, 1996) é graduada en Historia (2018) e Máster Interuniversitario en Historia Contemporánea (2020) pola Universidade de Santiago de Compostela, cunha estancia dun ano académico na Università di Bologna (2016-2017) coa bolsa Erasmus+. Foi financiada pola Cátedra Juana de Vega para a realización do seu Traballo de Fin de Máster, Traballadoras do campo, traballadoras do mar. Aproximación de xénero á Galicia rural contemporánea (1880-1940).
Actualmente é investigadora predoutoral no Programa de Doutoramento en Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela e contratada pre doutoral da Xunta de Galicia
As súas liñas de interese versan sobre a historia social, de xénero e do feminismo, estudando as dinámicas de mobilidade, sociabilidade, traballo e coidados con e entre os xéneros na Galicia rural contemporánea. Na súa tese de investigación pretende ampliar e desenvolver o estudo realizado no seu TFM sobre as relacións entre as mulleres, a clase social e o traballo rural na época de introdución e desenvolvemento do capitalismo industrial, así como no tratamento dado dende a historiografía sobre estas cuestións.
Tamén é colaboradora da Revista Mazarelos