David Fontán Bestilleiro

David Fontán Bestilleiro

Contratado Predoutoral pola Xunta de Galicia
curriculum

0000-0002-2347-3981

 

David Fontán Bestilleiro (A Coruña, 1992) é graduado en Xornalismo (2015) e Historia (2017) e Máster Universitario en Educación Secundaria (2018) e en Historia Contemporánea (2020) pola Universidade de Santiago de Compostela. Ademais da súa carreira profesional nos campos do xornalismo e a comunicación, ten realizado diversas investigacións no ámbito da historia rural, especialmente desde as perspectivas social, política e ambiental. No 2018 realizou un estadía de investigación no Instituto de Historia Contemporánea da Universidade Nova de Lisboa e recentemente traballou como investigador contratado polo grupo HISTAGRA no Laboratorio Ecosocial do Barbanza (https://barbanzaecosocial.org/).

Actualmente, realiza a súa tese de doutoramento en Historia Contemporánea (USC) no ámbito do mundo rural e a historia ambiental. A investigación pretende estudar, no tempo longo, a organización e manexo do territorio en tres espazos comunais do noroeste da Península Ibérica (Galiza e Norte de Portugal) que hoxe contan con diversas figuras de protección ambiental. A partir da análise histórica, o obxectivo é comprender mellor o grande valor que hoxe se recoñece a estes espazos, produto da coevolución entre as sociedades e a natureza e, polo tanto, legado das comunidades locais.

messages.latest-publications