Antonio Míguez Macho

Antonio Míguez Macho

Profesor Titular
curriculum

ORCID: 0000-0001-7978-7659

 

Antonio Míguez Macho (Santiago de Compostela, 1979) é Doutor en Historia da Universidade de Santiago de Compostela (2006), coa tese La construcción de la ciudadanía a través de los movimientos sociales. El movimiento obrero en Galicia (1890-1936). Premio Extraordinario Fin de Carreira no 2001 e Premio Extraordinario de Doutorado. Investigador contratado polo “Programa Ángeles Alvariño” no Departamento de Historia Contemporánea e de América da USC (2008), ten realizado estadías de investigación en varios centros internacionais, como o Cañada Blanch Centre for Contemporary Spanish Studies (The London School of Economics and Political Science, Londres). Entre 2015-2021 foi Investigador contratado polo programa RyC. Na actualidade é profesor Titular e Vicedecano da Facultade de Xeografía e Historia da USC

 

As súas liñas de investigación son: historia dos movementos sociais e os procesos de construcción da cidadanía. Actualmente pretende proseguir as súas investigacións sobre a formación da clase obreira e a loita pola adquisición de dereitos-deberes de cidadania, ampliando a súa perspectiva temporal e espacial. En particular, está interesado en analizar en qué sentido os réximes de signo totalitario como o franquismo, puideron influír na configuración dos valores e actitudes cidadás do pasado e presente expresados na sociedade civil e os seus actores colectivos.

Entre as súas publicacións destacan: (2008): La construcción de la ciudadanía a través de los movimientos sociales. El movimiento obrero en Galicia (1980-1936), Fundación 10 de marzo; (2008): “O adolescente viril: o Maurismo en Galicia, 1914-1923″, en Libro Homenaxe ao Profesor DR.D Xosé Ramón Barreiro Fernández, USC, Santiago de Compostela; xunto a CABO VILLAVERDE, M. (2008): La inmensa minoría: la fugaz experiencia y las perdurables consecuencias de la Solidaridad Gallega, Ed. Base; (2009): Xenocidio e represión franquista en Galicia. A violencia de retagarda en Galicia na Guerra Civil, Lóstrego; (2011): Historia Breve de Galicia, Madrid, Sílex; (2019): "Apropiación do espazo público e memoricidio: do golpe de 1936 ás políticas públicas da memoria", en Boullón Agrelo, I. e Méndez, L. (eds.), Estudos de onomástica Galega IV. Os nomes das rúas, A Coruña, RAG; (2020): "Justificación, denuncia y olvido. Una interpretación histórica de los regímenes de memoria de nuestro tiempo", en  Lisandro Cañón e César Manuel Román (Comp.) (2020), Estado de excepción y terrorismo de Estado, Córdoba, Lago editora; (2020): 1936. Un nuevo relato, Zaragoza, PUZ.

Documentos

messages.latest-publications