Margarita Barral Martínez

Margarita Barral Martínez

Profesora Titular
curriculum

ORCID: 0000-0001-6621-8561

 

Margarita Barral Martínez (Carballo, 1973) é Doutora Europea de Historia pola Universidade de Santiago de Compostela con Premio Extraordinario, coa tese E. Montero Ríos e a cidade de Santiago (2005), dirixida polo Profesor Ramón Villares Paz. Na actualidade é Investigadora Docente no Departamento de Historia Contemporánea e de América da USC, a partir do Programa “Isidro Parga Pondal”, e recibiu o Premio Galicia Investigación para investigadores mozos no ano 2009.

As súas liñas de investigación son: historia Política, historia local.

Entre as súas publicacións destacan: (2007): Montero Ríos e Compostela: un feudo clientelar, Sotelo Blanco, Consorcio de Santiago; (2008): “Eugenio Montero Ríos a Santiago di Compostela (1886-1914)”, en Storicamente, nº 4; (2009): “Banquetes e serenatas para os caciques. Santiago na etapa da Restauración Borbónica”, Semata. Ciencias Sociais e Humanidades; (2009): “La Alameda, el Paseo de la Herradura y otros jardines". Espacios vertebradores de la estructura social y urbana de Santiago: siglos XIX y XX”, en LÓPEZ DÍAZ, M. (ed.), Estudios en homenaje al profesor José M. Pérez García, Vigo, Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo, Vol. 1, pp. 67-76; (2010): "O espíritu expositivo na época contemporánea e a organización e desenvolvemento da ‘Exposición Regional Gallega’ de 1909”, en GARCÍA MARTÍNEZ, C. e MÉNDEZ GARCÍA, R.Mª (eds.), Exposición Galega de 1909 (MPG-IEG “Padre Sarmiento”, pp. 121-194.

messages.latest-publications