Aarón Navia Fernández
IFP
ORCID: https://orcid.org/0009-0009-1267-7426
Aaron Navia (Lugo, 1983) é actor e director teatral (Licenciado en Artes Escénicas pola Universidade Casa Grande do Ecuador). Posteriormente cursou o Mestrado en Servizos Culturais da USC grazas ao programa BEME (Bolsa de Excelencia da Mocidade Exterior) da Xunta de Galicia. Durante o mesmo curso académico, dirixiu a Aula de teatro de Lugo da USC.
Actualmente desenvolve o seu proxecto de doutoramento en Estudos Culturais: memoria, identidade, territorio e linguaxe na USC, baixo a dirección de Ana Cabana Iglesia. Como complemento á súa formación doutoral cursou o Master en Estudios Culturales y Artes Visuales con perspectiva feminista queer/cuir (MUECA) da Universitas Miguel Hernández, ao abeiro dunha bolsa IMIO do Ministerio de Igualdade. A súa tese explora posibilidades de interseccións nas Artes Vivas entre as identidades galega e sexodisidente, na procura de conexións entre a pesquisa académica e a creación artística no contexto galego.
Como parte do proceso de investigación, foi beneficiario do Programa Stella Junior do grupo Compostela de Universidades na U. La Salle Bajío (Nov.-Dec 2025) en México. Realizou unha estancia de investigación na Universidade Federal de Mato Grosso (UFMT) no Brasil entre maio e xullo de 2026 e durante o curso 2026/2027 fará unha estancia de nove meses no Dartmouth College (NH) nos EE.UU. como beneficiario dunha bolsa Fulbright de investigación predoutoral.