HISTAGRA pon en marcha o Plan Cuadrienal de Memoria Democrática en Galicia 2023

HISTAGRA pon en marcha o Plan Cuadrienal de Memoria Democrática en Galicia 2023
En agosto de 2023 asinouse entre a Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Universidade de Santiago de Compostela, o convenio de colaboración para poñer en marcha a anualidade 2023 do Plan Cuatrienal de Memoria Democrática, seguindo o impulso da Secretaría de Estado de Memoria Democrática
O equipo formado por historiadores, antropólogos forenses, arqueólogos e xenetistas segue a pescudar sobre o pasado de violencia en Galicia, xa coa experiencia de 2021 e 2022, mediante o estudo e a exhumación de tres novas fosas de 1936-1939 nos concellos de Narón, Oza-Cesuras e Viana do Bolo.
Ademais, seguimos actualizando o mapa de fosas de Galicia, para realizar nos vindeiros anos a maior cantidade de exhumacións dos enterramentos de asasinados/as pola violencia franquista. Podes consultar a relación de fosas en:
www.nomesevoces.net/lugares/cartografia
Entre 2021 e 2022 realizáronse os traballos de investigación e exhumación das fosas de Vilagarcía de Arousa e Crecente (2021), Celanova, Lousame e A Capela (2022), amais de comezar as investigacións da fosa de Serantes (Ferrol) e a acualización do mapa de fosas onde na actualidade contamos con 91 localizadas, das que 12 foron trasladados os restos a Cuelgamuros en diferentes anos.
O Plan cuadrienal integra tres liñas estratéxicas fundamentais das políticas públicas de Memoria Democrática que se pretenden desenvolver ao longo do período (2021-2024), aínda que os seus obxectivos sexan revisables de forma anual. Estas liñas estratéxicas son:
- Localización, exhumación das fosas e identificación de vítimas.
- Divulgación de traballos efectuados e resultados conseguidos.
- Dignificación dos lugares de enterramento e promoción dos lugares de memoria
Por parte da USC, a través do Grupo Histagra, o Catedrático de Historia Contemporánea Lourenzo Fernández Prieto e o Doutor en Historia e profesor Antonio Miguez Macho, coordinan un equipo de investigación formado por arqueólogos dirixidos polo profesor da USC Jose Carlos Sánchez Pardo, o antropólogo forense do IMELGA Fernando Serrulla Rech e o equipo de xenética do Instituto de Ciencias Forenses 'Luis Concheiro' dirixido por Ángel Carracedo. Desenvolveranse os traballos en catro fases, definidas polas seguintes actuacións:
- Actualización dos datos sobre fosas, documentación e localización.
- Investigacións preliminares e informe final: documentación, coñecemento, entrevistas, arquivos e intervención arqueolóxica.
- Investigación forense dos restos humanos IMELGA.
- Análise xenética
As tarefas a realizar en 2023 serán as seguintes:
1. Localización, exhumación, identificación de vítimas:
Fosa de Santa María de Pradocabalos (Viana do Bolo)
Fosa do cemiterio de San Salvador de Trasanquelos (Oza-Cesuras)
Fosa de Santa María do Val (Narón)
2. Dignificación dos lugares de enterramento e promoción dos lugares de memoria. Traballos de recoñecemento do espazo da fosa común do cemiterio de Celanova, Vilagarcía de Arousa, Crecente, Lousame.
3. Divulgación de traballos efectuados e resultados obtidos.
De novo, a axuda e a presenza da sociedade civil de Galicia, a través das asociacións de memoria democrática, investigadores locais e familiares de asasindos/as, convértese nun piar fundamental da investigación, de igual xeito que foi para a boa marcha de nomesevoces.net.
O contacto cos axentes sociais, é imprescindible, e facemos un chamamento a todos/as aueles/as que desexen exhumar ou investigar fosas relacionadas coa violencia franquista, así como aportar datos relativas ás mesmas.
Contacto:
histagra@usc.es
881812734 / 881971010 Ext. 101