HISTAGRA no Congreso da IASC

HISTAGRA participa no XIX Congreso internacional da IASC, Asociación Internacional para o Estudo dos Comúns
Dous investigadores en formación de HISTAGRA participan no XIX Congreso internacional da IASC (Asociación Internacional para o Estudo dos Comúns). Esta conferencia bianual está tendo lugar entre os días 19 e 24 de xuño na Universidade de Nairobi (Kenia) e congrega a máis de 950 persoas para falar sobre o legado histórico dos comúns e as perspectivas para o futuro.
David Fontán Bestilleiro e Roque Sanfiz Arias están a participar no congreso para dar a coñecer dous dos proxectos que Histagra desenvolve na actualidade.
O luns 19 presentaron Eo Alimenta coa ponencia “Participatory strategies towards more equitable food systems. The experience of Eo Alimenta (Galicia-Asturias)” no panel “”The food systems we want”: Justice in food systems transformations”, coordinado por Sabin Bieri e Theresa Tribaldos do Centro para o Desenvolvemento e e o Medioambiente da Universidade de Berna.
O mércores 21 expuxeron algunhas das conclusións do traballo destes últimos dous anos do Laboratorio Ecosocial do Barbanza no relatorio “From legal recognition to multifunctionality: fire as a lever for change in Galician communal lands”, dentro do panel “Local institutions for global commons: redefining governance through conflict” coordinado por Sara Lorenzini, da Universidade de Milán.
Ademais, o venres 23 David Fontán Bestilleiro presentará parte da súa investigación doutoral con “Collective management, agriculture, environment and conflicts. Commons in historical perspective in Laíño, Galicia” dentro do panel “Lessons from the past: Organizations, Challenges, and Resilience in a historical perspective and the question of the sources” que coordinan Rahel Wunderli e Karina Liechti da Universidade de Berna.
O programa completo do congreso pode consultarse aqui.