Renovación web www.nomesevoces.net/

HISTAGRA renova a web de https://www.nomesevoces.net/

 

O Grupo de Investigación HISTAGRA, responsable de contidos e mantemento da web nomesevoces.net, presenta a nova páxina, actualizada en contidos e con novas propostas, onde destaca a sección dedicada ao Plan de Memoria Democrática 2021-2024.

 

Entre os servizos que segue ofertando segue a estar a páxina de vítimas da guerra cicil, pioneira en Galicia e España no tratamento e na posta en valor da información relativas aos/as perseguidos/as pola violencia franquista: http://vitimas.nomesevoces.net/

 

 

Na sección relativa á cartografía da violencia, amósase a relación de enterramentos producidos pola violencia franquista en Galicia, amais dunha información completa daquelas fosas que foron exhumadas ao aberio do Plan de Memoria Democrática 2021-2024. Nomes e voces bota luz sobre os lugares da violencia do Golpe de 1936, da retagarda e da guerra en Galicia. Trátase dende "cunetas", pasando por cemiterios e corredoiras, chegando ata os montes, onde as vítimas foron asasinadas ou paseadas de múltiples e heteroxéneas formas: https://www.nomesevoces.net/lugares

 

 

O proxecto Nomes e Voces foi levado a cabo por un grupo de investigación formado polos máximos especialistas na “violencia do 36” en Galicia, coordenados polo catedrático de Historia Contemporánea da USC, Lourenzo Fernández Prieto e que actuou, principalmente en tres liñas: A constitución dun fondo de gravacións sobre a memoria oral da guerra; a elaboración dunha relación nominal das vítimas e a determinación dunha cartografía da "represión". A pesar de ser un proxecto pechado na actualidade, a maioría dos seus resultados están vixentes e del saíron ferramentas clave para a investigación da violencia de 1936, da Guerra, da Posguerra, da Ditadura e, incluso da Resistencia.

 

Para consultar a web:

 

https://www.nomesevoces.net/

 

Máis información:

 

Grupo HISTAGRA
Departamento de Historia / CISPAC
USC

Teléfono: +34 881 961 010, Ext. 101

Email: histagra@usc.es