Seminario de HISTAGRA: Marco Armiero A natureza de Mussolini. Unha historia ambiental do fascismo

HISTAGRA e o CISPAC organizan o seminario A natureza de Mussolini. Unha historia ambiental do fascismo
O xoves día 16 de febreiro ás 12 da maña no CISPAC terá lugar a celebración do Seminario A natureza de Mussolini. Unha historia ambiental do fascismo por parte do doutor e investigador do medio ambiente, Marco Armiero.
Sobre o relator:
Marco Armiero (Doutor en Historia Económica) é historiador do medio ambiente e actualmente traballa como investigador principal no Consello Nacional de Investigación de Italia. Foi un dos fundadores do campo da historia ambiental en Italia e coautor, xunto con Stefania Barca, do primeiro libro de texto italiano sobre o tema, Storia dell'Ambiente. Unha Introduzione (2004). Os seus principais temas de estudo foron a historia dos conflitos ambientais ao redor dos dereitos de propiedade e o acceso aos recursos comúns (bosques e mar), a política da natureza e a paisaxe na construción da nación italiana e a historia ambiental das migracións masivas
Datos:
Data: 16/02/2023
Título: A natureza de Mussolini. Unha historia ambiental do fascismo
Relator: Marco Armiero
Hora: 12 h
Lugar: Seminario 103, CISPAC. Edificio Fontán
Pode seguirse por teams: