Encontro científico: Removendo pasados, resignificando presentes e reescribindo futuros

Encontro científico: Removendo pasados, resignificando presentes e reescribindo futuros. Debates, Sinerxias e Propostas de Intervención sobre os Lugares de Memoria
O próximo venres día 4 de novembro celébrase no CISPAC o Encontro científico: Removendo pasados, resignificando presentes e reescribindo futuros. Debates, Sinerxias e Propostas de Intervención sobre os Lugares de Memoria, dentro do Plan Cuadrienal de Memoria Democrática 2022, do que forma parte HISTAGRA.
En setembro de 2022 a Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela asinaron o convenio de colaboración pola que o equipo universitario formado por investigadores de HISTAGRA, SINCRISIS, IMELGA e MEDICINA XENÓMICA realicen as tarefas de documentación, exhumación e análise dos restos de persoas asasinadas pola violencia franquista, como unha das actuacións do Plan de Memoria Democrática. As tarefas que se levarán a cabo son: localización, exhumación e identificación de vítimas, divulgación dos resultados e recoñecemento así como a promoición dos lugares e espazos de memoria.
Precisamente en relación con isto último, organizamos no CISPAC un encontro interdisciplicar onde diferentes espcialistas do cine, a arte, a historia, a arqueoloxía e a xenética do Estado debaterán e amosarán os traballos que se están a facer noutros lugares de España e Europa.
Este encontro expón a través dunha mirada múltiple, internacional e transdisciplinar, as seguintes cuestións:
- Que define aos espazos como “lugares de memoria”? cales son os seus límites?
- Como podemos intervir nos lugares de violencia para resignificalos como memoria democrática? que linguaxe e medios empregamos?
-Como enxergar o papel do relato histórico na representación artística?
- A quen diriximos as políticas públicas de memoria? cal é o seu presente e, sobre todo, o seu futuro?
-Como expresar materialmente a conmemoración?
Datos:
Título: Removendo pasados, resignificando presentes e reescribindo futuros. Debates, Sinerxias e Propostas de Intervención sobre os Lugares de Memoria
Data: 4 de novembro de 2022
Hora: 09:30-17:30
Lugar: CISPAC (EDificio Fontán Aula 10)
Promove: Plan Cuadrienal de Memoria Democrática 2022 e Proxecto de Investigación Definición, cartografado e proposta de intervención sobre os lugares de memoria do golpe de 1936, a distadura franquista e a resistencia(Galicia, 1936-1952)