HISTAGRA na Homenaxe a Juan Rof Codina

HISTAGRA participou na homenaxe a Juan Rof Codina

 

O pasado xoves 6 de outubro, o IP de HISTAGRA e Catedrático de Historia Contemporánea da USC Lourenzo Fernández Prieto levou a cabo a conferencia "Rof Codina (1971-1967), un científico de cando os veterinarios aprendían dos labregos", dentro dos actos de homenaxe a Juan Rof Codina co gallo da celebración do Día da Ciencia en Galicia.

 

Entre as ideas que Fernándes Prieto espuxo sobre o veterinario, destacou o entusiasmo que, desde que chegou a Galicia, amosou Rof -o "catalán de Lugo" como foi alcumado- polo mundo rural galego, a súa agricultura e a súa gandería. 

 

Lourenzo Fernández lembrou a pegada que deixou como experto en sanidade e hixieneagropecuaria, a súa valorización da vaca galega, a súa implicación na política a través de Solidaridad Gallega e o seu impulso a sindicatos e asociacións agrarias, amais de concursos de gando.

 

No Grupo HISTAGRA, congratulámonos de ter entre os nosos investigadores colaboradores a Diego Conde, un dos maiores expertos en Rof Codina -autor dunha tese sobre o personaxe: “Veterinaria e mellora pecuaria na Galicia contemporánea. o papel de Juan Rof Codina”, baixo a dirección de Lourenzo Fernández Prieto e Manuel Cifuentes Martínez.-, así como unha recente investigación de doutorado de Telmo Otero que abordou esta temática: A transformación da agricultura galega no camiño cara a especialización leiteira: Ruptura coa innovación labrega, industria láctea e modernización (1900-1980).

 

Documentos