HISTAGRA organizou con éxito a Agrobiodiversity Summer School 2022

Éxito da Agrobiodiversity Summer School 2022 organizada por HISTAGRA

 

Entre o 31 de agosto e o 10 de setembro celebrouse en Galicia a Agrobiodiversity Summer School, organizada conxuntamente polo Research Institute of Organic Agriculture (FIBL) e o grupo de investigación Geography of Food - ZHAW, ambos suízos, e a Universidade de Santiago de Compostela a través do CISPAC e o grupo de investigación Histagra. O curso realizouse en dúas sedes principais, Santiago de Compostela e Ribadeo, e contou coa asistencia dun alumnado chegado das máis diversas áreas de coñecemento (Agroecoloxía, Historia Agraria, Enxeñaría Agrónoma, Ciencias Ambientais…) e procedencias (Suíza, Hungría, Alemaña, Portugal, Eslovenia, España, México, Brasil, India ou Filipinas).

 

O obxectivo central desta formación consistiu en abordar os diferentes aspectos da agrobiodiversidade nas súas vertentes ecolóxica, social, política e económica. Para isto, organizáronse saídas de campo que permitiron coñecer diversas iniciativas que responden a algúns destes aspectos. O alumnado internacional puido comprender de primeira man a maneira na que se xestiona unha comunidade de montes como a de Baroña, proxectos de inclusión social como El Cabillón ou experiencias de agricultura ecolóxica de longa tradición, como é o caso de As Fadegas.

 

As visitas foron o piar sobre o que profesorado e alumnado compartiron reflexións e puxeron en común  problemáticas, fortalezas e potencialidades  das distintas experiencias de cara a pensar en novas fórmulas nas que desenvolver propostas sustentables  e facer fronte aos retos da agrobiodiversidade

 

Documentos