HISTAGRA en Diàlegs. La repressió franquista a Catalunya. Una aproximació compartida

HISTAGRA está presente no Ciclo Diàlegs. La repressió franquista a Catalunya. Una aproximació compartida
Mañá martes día 12 de abril na delegación do Govern da Generalitat de Catalunya en Madrid, terá lugar a intervención do Catedrático de Historia Contemporánea e IP de HISTAGRA Lourenzo Fernández Prieto no ciclo, Diàlegs. La repressió franquista a Catalunya. Una aproximació compartida,
organizado pola delegación do Govern da Generalitat de Catalunya en Madrid, trata de aproximarse á dimensión múltiple da represión durante a ditadura franquista como sistema de control social e de liquidación da disidencia e a oposición.
A sesión 3, está dedicada ao exilio, baixo o título: Galicia e Cataluña, diferentes camiños cara ao exilio, e Fernández Prieto compartirá mesa coa doutora en historia da arte, Gemma Domènech.
Sobre a sesión:
O exilio tomou tamén a forma dunha represión pasiva, por exclusión. O extrañamiento, o afastamento do país, a separación e a ruptura de familias, os camiños da diáspora sinalaron a crueldade do castigo que significou o longo camiño do exilio. Os camiños do exilio, as vías para escapar á acción directa da represión franquista, tomaron formas diversas. Neste diálogo trátase de sinalar parecidos e diferenzas entre o exilio por vía continental desde Catalunya a Francia e os exilios marítimos que se ensaiaron en Galicia ante a inmediatez do desenlace favorable aos sublevados do golpe de estado de xullo de 1936.
O ciclo está coordinado e moderado por Joaquim Nadal i Farreras
Máis información:
https://delegaciomadrid.gencat.cat/es/centre_cultural_llibreria_blanquerna/Activitat-cultural/cicles-centre-cultural/Sesion-3.-Galicia-y-Cataluna-diferentes-caminos-hacia-el-exilio.