CONGRESO INTERNACIONAL CONTEMPORÁNEAS: POLÍTICAS, TRABALLADORAS E CONSTRUTORAS DE SOCIEDADE

HISTAGRA NO CONGRESO INTERNACIONAL  CONTEMPORÁNEAS: POLÍTICAS, TRABALLADORAS E CONSTRUTORAS DE SOCIEDADE

 

Os días 20 e 21 de outubro de 2022 celebrarase en Santiago de Comnpostela o CONGRESO INTERNACIONAL CONTEMPORÁNEAS: POLÍTICAS, TRABALLADORAS E CONSTRUTORAS DE SOCIEDADE, no que colabora HISTAGRA a través dos organizadores Ana Cabana Iglesia e Xosé Ramón Veiga Alonso, amais da moderadora de mesa Margarita Barral Martínez.

 

O Congreso internacional a celebrar en Santiago de Compostela en outubro de 2022 no150 aniversario da morte de Juana de Vega, busca, desde unha tripla perspectiva -política,económica e social-, contribuír a mellorar e difundir o coñecemento a respecto das mullerescoetáneas de Juana de Vega, mulleres diversas que foron as súas “contemporáneas” (século XIXe primeiro terzo do XX). O congreso organízase en tres sesións que terán como eixo central asconferencias de dúas reputadas especialistas na temática de historia das mulleres por sesión,pero busca contar con comunicacións que dean visibilidade a mulleres que durante ooitocentos e ata 1936/9, resultaron decisivas nun proceso, aínda hoxe inconcluso, denormalización da súa presencia en todo tipo de contextos sociais, políticos, económicos eculturais.

 

As propostas de comunicación, de entre 250-300 palabras, xunto coa indicación da mesa e Sesión á que se dirixe e un breve CV (de 200 palabras) poderanse enviar desde o día delanzamento desta chamada a comunicacións e ata o 29 de abril de 2022 a: ana.cabana@usc.es

 

  • Calendario previsto
    - Presentación do Congreso e chamada a participar desde o 21 febreiro de 2022 ata o 29 de
    abril de 2022
    - Comunicación ás/ós autores/as da aceptación da súa proposta: 6 de maio de 2022
    - Programa provisional: 30 de Maio de 2022
    - Envío de textos das comunicacións: data límite 30 de setembro de 2022
    - Programa definitivo: 6 de outubro de 2022
    - Celebración do Congreso: 20-21 de outubro de 2022

Documentos