Exhumación Fosa común de Vilagarcía de Arousa

Comezan os traballos de exhumación da fosa de Vilagarcía de Arousa
Maña mércores día 3 de novembro, dan comezo os traballos que, ao aveiro do convenio Cuatrienal de Memoria Democrática asinado entre a Xunta de Galicia e a USC, permiten os traballos de eshumación da fosa común que contén os corpos de asasinad@s pola violencia franquista entre 1936 e 1937.
Este enterramento irregular é o primeiro que se exhumará en Galicia seguindo o protocolo de actuación promovido polo Grupo HISTAGRA e co apoio do IMELGA e do Grupo de Medicina Legal da USC.
O grupo de traballo está formado polo Catedrático de Historia Contemporánea da USC LOurenzo Fernández Prieto, o arqueólogo e investigador da USC José Carlos Sánchez Pardo, o médico forense do IMELGA Ferando Serrulla Rech e o Catedrático de Medicina Legal da USC Ángel Carracedo Álvarez.
Coa axuda do concello de Vilagarcía e a colaboración na investigación e na posta en marcha dos traballos por parte da Asociación cultural local O Faiado da Memoria, comezan os traballos arqueolóxicos no Cemiterio Municipal.
Agardamos poder atopar e identificar os corpos de 18 persoas asasinadas entre 1936 e 1937 en Vilagarcía de Arousa, e enterradas de xeito irregular neste espazo. Para chegar a esta fase, o Grupo HISTAGRA procedeu a un exaustivo traballo de investigación en arquivos de Galicia: Municipal de Vilagarcía, Arquivo Militar de Ferrol, Arquivo civil de defunción de Vilagarcía e terraememoria.usc.gal da USC. Tras os traballos arqueolóxicos que serán levados a cabo pola empresa Tempos Arqueólogos e supervisados polo doutor Sánchez Pardo, procederase coas análises forenses por parte de Serrulla Rech e cos cotexos de ADN no laboratorio de Carracedo Álvarez, para rematar coa dignificación do espazo.
Para calquera consulta, ou para achegar datos de novas fosas sobre as que poderemos actuar non vindeiros meses, poden facelo a través do correo, histagra@usc.es