HISTAGRA no encontro GALEUSCA 2021

HISTAGRA no encontro GALEUSCA 2021

 

En Tarragona e Reus, celébrase o VI Encontro GALEUSCA 2021, os días 28 e 29 de outubro baixo o tema, Da primavera das nacións á Guerra Fría, 1917-1947

 

Os organizadores do congreso entenden que no contexto actual é necesario que o estudo profundo na revisión do período 1917-1947 nos territorios Galeusca -Galicia, País Vasco e territorios de fala Catalá-, en Europa e no Mundo, coas súas crises e as súas alternativas. 

 

Neste sentido, o VI Galeusca Historia céntrase neste contexto histórico de 1917-1947, desde miradas plurais sobre a base da Historia, ampliándoas a visións económicas, sociolóxicas, antropolóxicas e do dereito para configurar unha panorámica máis ampla que axude á comprensión global e do día a día da sociedade no conxunto dos pobos que configuran Galeusca. 

 

En consecuencia, propóñense uns eixos de traballo corais que servirán para profundar na configuración das sociedades a estudo en formatos de liberdade, adecuación, asimilación ou rebeldía nun contexto de vertebración de realidades nacionais.

 

HISTAGRA está representada co IP do Grupo, o Catedrático de Historia Contemporánea Lourenzo Fernández Prieto e o investigador Xabier Buxeiro Alonso