NOTA Agroecological Living Labs

Histagra e Gespic organizan o Seminario Atlantic Agroecological LivingLabs no marco do CISPAC

 

O CISPAC responde á maduración investigadora nos ámbitos de ciencias sociais e humanas no SUG e máis á necesidade de dar respostas endóxenas de investigación ao máximo nivel ao reto de que facer coa terra que temos na perspectiva da Transición ambiental. 

 

O CISPAC está deseñado como un centro de investigación de nova xeración para producir coñecemento sobre as Paisaxes Atlánticas. O Centro ten un compromiso na xeración de propostas e novos modelos que contribúan a unha xestión sustentable do territorio, á análise do impacto das accións antrópica e, en consecuencia, á creación de instrumentos para a transferencia de coñecemento ao sector produtivo e á cidadanía. O CISPAC presta servizos na xestión do coñecemento e das ciencias relacionadas coas paisaxes culturais, xestión da terra e o patrimonio cultural e a memoria social e da sustentabilidade.

 

Hoxe venres 8 de outubro, seguindo as liñas de actuación do CISPAC, organizouse en Casa Europa (USC) o Seminario Atlantica Agriculture LivingLabs, que consiste nun conxunto de breves relatorios de produtores, investigadoras e co obxectivo de acadar un lugar de encontro e interacción sociedade e universidade. Trátase dunha metodoloxía testada en centros pioneiros de innovación coa que se procura responder de xeito colectivo a un reto global: Como pode intensificarse a produción agroecolóxica? E como deseñar un living lab de produción agroecolóxica atlántica. Unha aposta estratéxica polo New Green Deal. 

 

Tecer lugares de encontro universidade - sociedade é unha aposta por continuar abrindo e coñecendo as problemáticas do sector agrogandeiro galego, co obxectivo de procurar solucións aos seus retos.

 

@s participantes s pertencen ao ámbito da produción ecolóxica, así como ao sistema universitario galego con vencello directo co CISPAC (UdV e USC) e español (Univ. Pablo de Olavide).

 

Xan PouliquenA produción agro ecolóxica cárnica
Origen GaliciaAs limitacións e alcances da distribución alimentaria
Bernardo EstévezA viticultura biodinámica 
Conchi MogoAs organizacións agrarias e a produción ecolóxica 
ArqueixalUnha granxa familiar para unha forma de vida sustentable
Casa Grande XancedaA produción láctea en ecolóxico
Galletas da VeigaDe Chantada ao mundo a través das galletas mariñeiras
RibeiregasA produción de horta en ecolóxico na montaña
Monte Veciñal O CarballoA multifuncionalidade para unha paisaxe sustentable
Finca El CabillonDiscapacidade e produción agroalimentaria
TraloagroLimitacións a comercialización da carne en ecolóxico
Lutega/OrballoA recuperación do lúpulo na comarca de Betanzos
UVIGOPaisaxe en riso, produción, inovación e as comunidades
Univ. Pablo de OlavideOs Sistemas Alimentarios de Base local en Galicia
USC. David SotoPaisaxes sustentables ao longo da historia
USC. Lourenzo F. PrietoRecuperando saberes para a agricultura orgánica 
Univ. Pablo de Olavide. Gloria GuzmanAlimentta; instrumento de Transición alimentaria
Univ. Pablo de Olavide. Manuel González de MolinaOs Living Lab, unha estratexia investigación-acción participativa 

 

Documentos