Máster Interuniversitario en Historia Contemporánea 2021-2022

ABERTA A SOLICITUDE DE PRAZA CURSO 2021/2022 NO MÁSTER INTERUNIVERSITARIO EN HISTORIA CONTEMPORÁNEA DA USC
O pasado 7 de xuño abriu o prazo para a solicitude de praza no Máster Interuniversitario en Historia Contemporánea da USC. O prazo permanecerá aberto até o 20 de xullo. A listaxe de admitidos farase pública o día 29 de xullo e a matriculación (1ª matrícula) realizarase entre o 30 de xullo e o 2 de agosto.
A do curso 2021/2022 será a décimo sexta edición dun Máster interuniversitario recoñecido en 2006/07 coa “Mención de Calidad” do Ministerio de Educación e no que, ademais da Universidade de Santiago de Compostela, participan a Univ. Autònoma de Barcelona, a Univ. do País Vasco, a Univ. Complutense de Madrid, a Univ. de Zaragoza, a Univ. de Cantabria, a Univ. Autónoma de Madrid, a Univ. de Valéncia e a Universidad Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) e, a través delas, moitas das máis prestixiosas áreas e docentes de Historia Contemporánea e de América do sistema universitario estatal. @s estudantes poden cursar até 15 créditos (tres materias optativas) en sedes diferentes a aquela na que formalicen a súa matrícula. O Máster ofrece a posibilidade de escoller entre máis de 100 materias optativas.
Este Máster está orientado principalmente a Graduad@s en Historia, pero tamén noutras carreiras de Humanidades e Ciencias Sociais (Xornalismo, C.C. Políticas, Socioloxía, Antropoloxía, C.C. Económicas, etc.). Ten como obxectivo a formación de investigadores/as en Historia Contemporánea, pero a formación avanzada que @s estudantes reciben é tamén de suma utilidade en campos profesionais como a edición, o xornalismo, o documentalismo ou o terceiro sector/ONGs…
O Plan de Estudos deste Máster presencial consta dun total de 60 créditos, dos que 10 son obrigatorios (“ensino en rede” e “ciclo de conferencias”); 30 optativos e 20 corresponden ao Traballo de Fin de Máster (TFM).
A duración prevista para a realización dos estudos é de un curso académico e o prezo aproximado na sede da USC, de 600€ (taxas curso 2020/2021).
No curso 2021/2022 na sede da USC impartiranse as seguintes materias optativas:
Nacionalismos e identidade na España contemporánea (1º C)
Clientelismo e poder político nas sociedades rurais. Séculos XIX e XX (1º C)
Metodoloxía e fontes para a investigación (1º C)
Cultura, política e sociedade no fascismo (1º C)
Historia sociocultural da guerra en Europa, s.XX (1º C)
Exilios e transferencias culturais: exilios e emigracións (1º C)
Innovación tecnolóxica e sostenibilidade na Europa do s. XX (1º C)
Formas de conflitividade e violencia rural na Europa contemporánea (1º C)
Conflito e violencia en América Latina (1º C)
Violencia, coñecemento histórico e políticas da memoria (2º C)
Cultura e política latinoamericana na época contemporánea (2º C)
Muller e mundo rural: traballo, consumo e sociabilidade (2º C)
Políticas foretais, hidráulicas e colonizadoras na España contemporánea (2º C)
Máis información:
https://www.usc.gal/gl/admision/master