Pasamento do profesor e especialista en historia agraria Josep Pujol Andreu

Pasamento do profesor e especialista en historia agraria Josep Pujol Andreu
Josep Pujol Andreu, catedrático doDepartamento de Economía e de Historia Económica da UAB, faleceu o pasado mes de outubro de 2019
Os seus traballos, desde a súa tese doutoral lida en 1988 "Las transformaciones del sector agrario catalán entre la crisis finisecular y la guerra civil" abriu paso a unha fecunda vida académica, converténdose en catedrático de Historia e Instituciones Económicas en 1995. A Asociación Española de Historia Económica recoñeceulle estes méritos co Premio Trayectoria 2019 á carreira docente e investigadora.
Asumiu variadas responsabilidades en institucións e revistas do ámbito da historia económica como a Asociación Española de Historia Económica e a Sociedad Española de Historia Agraria.
Mención específica merece o seu perfil investigador, do que destacan as súas contribucións no ámbito da historia agraria contemporánea, da alimentación e dos niveis de vida da poboación.