Os investigadores Antonio Miguez e Ana Cabana participarán nas xornadas 'El franquismo desde los márgenes' en Almería

Os días 2 e 3 de marzo, celebrarase na Sala de Grados Agustín Díaz Toledo da Facultade de Humanidades da Universidad de Almería, as xornadas "El franquismo desde los márgenes. Sujetos, miradas, investigadores..." no que participarán como ponentes dous membros do Grupo HISTAGRA: Antonio Míguez Macho e Ana Cabana Iglesia.

Antonio Míguez Macho, especialista en rexímes de signo totalitario como o franquismo, participará na sesión titulada "Denunciantes y denunciados" compartindo espazo con Peter Anderson (University of Bath) o venres día 2 ás 12.00 h.

A profesora Ana Cabana Iglesia, especialista en historia agraria e rural participará na sesión "Campesinos", compartida con Jorge Marco (Universidad Complutense de Madrid), o venres día 2 ás 17.00h.

"El franquismo desde los márgenes" aspira ser un lugar de encontro para a posta en común e debate das novas e diferentes tendencias en historia social. Un foro no que se discutan diferentes cuestións para construir novas historias sociais do franquismo. O seu obxectivo é poñer atención, e dar voz, a suxeitos sociais non sempre atendidos: campesiños, novos, marxinados, mulleres... Privilexiando análises microhistóricas, da vida cotiá, de xénero... pretende ofrecer novas miradas e relatos da ditadura así como respostas ao debate sobre as actitudes sociais e a opinión popular baixo esta.

O Seminario estruturarase en torno a unha conferencia inaugural, impartida por Ángela Cenarro (Universidade de Zaragoza), catro mesas de debate: (Denunciantes e denunciados: Peter Anderson, Antonio Míguez) (Campesiños: Ana Cabana e Jorge Marco) (Mulleres: Sofía Rodríguez e Sescún Marías) (Xuventude e marxinación: Carme Agustí e Óscar Rodríguez) e unha conferencia de clausura e posta en común impartida por Antonio Cazorla (Trent University)

Esta actividade está organizada polo Grupo de Investigación Sur-Clío, da Universidad de Almería.

Documentos