Histagra

Ana Cabana Iglesia

Ana Cabana Iglesia

Contratada Doutora

ana.cabana@usc.es
Tf. +34 981563100 ext. 24728

Curriculum

Ana Cabana Iglesia Ana Cabana Iglesia (Castro de Rei, Lugo, 1976) é Doutora en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (2006) con Premio Extraordinario, coa tese Entre a resistencia e a adaptación. A sociedade rural galega no franquismo (1936-1960), dirixida polo Profesor Lourenzo Fernández Prieto. Actualmente é profesora contratada doutora no Campus de Lugo da USC.

Completou a súa formación con estadías en diversos centros de investigación como o Centro de Etnoloxía Portuguesa (Universidade Nova de Lisboa), a London School of Economics e a Universidade Autónoma de Madrid.

As súas liñas de investigación son: historia contemporánea, historia agraria, historia rural, historia de Galicia.

Entre as súas publicacións máis recentes destacan: (2009): Xente de orde. O consentimento cara ao franquismo en Galicia, Santa Comba, 3C3; (2011) "De imposible consenso. Actitudes de consentimiento hacia el franquismo en el mundo rural (1940-1960)", Historia Social, 71, pp. 89-106; (2011): "Memoria colectiva y "Revolución Verde". Más allá del cambio productivo y ecológico", en Lanero Táboas, D. y Freire, D. (coord.), Agriculturas e innovación tecnológica en la Península Ibérica (1946-1975), pp. 191-212; (2012): "Um sujeito incómodo para um tempo difícil. Atitudes camponesas e franquismo", Ler História, 63, pp.145-162; (2013): "Mientras dormían". Transición y aprendizaje político en el mundo rural", en Rodríguez Barreira, O. (ed.), El franquismo desde los márgenes. Campesinos, mujeres, delatores, menores, Universidad de Almería & Universitat de Lleida, pp. 57-76; (2013): La derrota de lo épico, Valencia, PUV; (2013): "James C. Scott y el estudio de los dominados: su aplicación a la historia contemporánea", Historia Social, 77, pp. 73-93 (coautoría con Miguel Cabo Villaverde)

Publicacións

Ver todas as publicacións do investigador