Novo faladoiro da Cátedra Juana de Vega en colaboración co Grupo HISTAGRA: Socioloxía do leite. A cara oculta do leite galego. Streaming en juanadevega.org
Os faladoiros da Cátedra Juana de Vega son espazos de discusión e debate abertos arredor dun tema ou un problema importante do presente e do pasado que queren analizar en toda a súa dimensión e con toda liberdade pero con todo o rigor, enlazando o coñecemento e a perspectiva universitaria co coñecemento e a perspectiva profesional e dos sectores implicados.
Neste caso falarase da Socioloxía do leite; das persoas e os actores que o producen: do asociacionismo e dos modelos e formas de asociación; de como se organizan os leiteiros, desde a familia e a parroquia até o ámbito galego, estatal e europeo.
Máis info en Fundación Juana de Vega