Presentación das investigacións de HISTAGRA na Princeton University

O Investigador Principal do Grupo HISTAGRA, Lourenzo Fernández Prieto está a participar na Princeton University (USA) no ciclo de seminarios organizados polo Department of Spanish and Portuguese Languages and Cultures que se desenvolven entre o 5 e 8 de outubro de 2015.

Lourenzo Fernández Prieto, o pasado 8 de outubro participou  no workshop organizado polo Department of Spanish and Portuguese Languages and Cultures coa presentación e posterior debate do traballo: New interpretations of old problems: The notion of conflict in the rural world.

Lourenzo Fernández Prieto é Catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela. Entre as súas publicacións destacan: con Aurora Artiaga (eds.) Otras miradas sobre golpe, guerra y dictadura. Historia para un pasado incómodo, La Catarata, (2014); Agriculture in the Age of Fascism. Authoritarian Technocracy and Rural Modernization, 1922-1945 con Miguel Cabo Villaverde e Juan Pan-Montojo, Ed. Brepols (2014); xunto a Miguel Cabo Villverde, Ana Cabana, Daniel Lanero e Antonio Miguez (eds.) do número 5 da revista Wokers of the world "Conflitividade no mundo rural contemporáneo: novas lecturas dun vello problema" (2014), entre outros.

Ligazón de interese:
http://humanities.princeton.edu/fellows/short-term-visiting-fellows

Documentos