XXI Simposio del Instituto de Historia Social Valentín de Foronda Factores de nacionalización en la sociedad española contemporánea

Entre o 17 e o 19 de xuño de 2015 celébrase en Vitoria, organizado polo Instituto de Historia Social Valentín de Foronda (EHU) o XXI Simposio del Instituto que este ano está dedicado aos factores de nacionalización na sociedade española contemporanea.

Por parte do Grupo Histagra participan Miguel Cabo como relator na sesión dedicada ao mundo rural e á nacionalización (xunto a Javier Ugarte da UPV), Daniel Lanero como responsable do debate das comunicacións presentadas á sesión segunda "Nacionalización y políticas sociales", Lourenzo Fernández Prieto tamén como responsable do debate das comunicacións na sesión sétima "Mundo rural y nacionalización", e Alba Díaz Geada como comunicante, co traballo "Construir identidades desde el conflicto: una aproximación desde la movilización social en el medio rural gallego, 1968-1982".

O evento pretende mostrar a complexidade da experiencia da nacionalización na España contemporánea, nun intento por completar os estudos realizados nestas últimas décadas sobre esta cuestión e, á par, como un novo chanzo do proceso de reflexión e debate público xerado polos diversos equipos de investigación que participan nel.