O II Ciclo de Cinema Rural en Lingua Propia comeza en Humanidades

Na Facultade de Humanidades (Campus de Lugo) entre o 26 de febreiro e 21 de abril, estase a desenvolver o II Ciclo de Cinema Rural en Lingua Propia. Un evento que naceu inicialmente orientado cara o estudantado da Escola Politécnica Superior, como unha ferramenta formativa complementaria para achegar ao estudantado ás realidades e contidos traballados nas aulas. Nesta liña, cada proxección vai acompañada dunha breve introdución para encadrar a temática que presentará o filme, unha explicación que correrá a cargo dalgún dos docentes que forman parte do grupo Ruralia
O membro de HISTAGRA, Ana Cabana Iglesia forma parte do Grupo de Innovación Docente RURALIA organizadora e coordinadora das xornadas
Programa
xoves 26 febreiro, 19h
La plaga
martes 24 marzo 19.30h
Les conques d'Arbo
martes 21 abril, 19.30h
A mesma terra
Ligazóns de interese:
http://www.usc.es/gl/proxectos/proxectate/proxecto.html
http://ruralia20.blogspot.com.es/
http://ruralia20.blogspot.com.es/2015/02/ii-ciclo-de-cinema-rural-en-lingua.html
Contacto:
EMail: ruralia.lugo@gmail.com