HISTAGRA estivo presente no programa Conversas na raia: “As fronteiras políticas (150 anos do Tratado Espanha-Portugal)”

O programa Conversas na raia é unha iniciativa conxunta entre o Consello da Cultura Galega e a Universidade do Minho para abordar cuestións comúns a Galicia e Portugal. Este primeiro encontro ten carácter xeográfico e histórico, pero despois pretenderase afondar noutras temáticas como a música, a antropoloxía, as festas populares… e outras cuestións transfronteirizas

Nesta xornada, o catedrático de Historia e membro de HISTAGRA, Ramón Villares, ofreceu o relatorio: O iberismo, onte e hoxe. O tamén membro de HISTAGRA Daniel Lanero participou na Mesa Redonda As fronteiras contemporáneas. Comercio e contrabando xunto á profesora da Universidade de Lisboa, Dulce Freire.

Ligazóns de interese:

Programa