Marx no Soho. Unha obra sobre a Historia, de Howard zinn adaptada e interpretada por Pepe Sendón

O Grupo HISTAGRA organiza, xunto ao artista Pepe Sendón, a representación dunha das obras teatrais máis coñecidas de Howard Zinn, Marx no Soho. Esta actividade, que se celebrará o venres 4 de abril ás 12h no paraninfo de Historia, enmárcase nas que o Grupo HISTAGRA realiza coa intención de achegar aos alumnos de historia contemporánea e ao público interesado o coñecemento histórico dun xeito ameno.
Argumento:
Marx volve ...e di que non é marxista.
A Karl Marx permíteselle volver ao mundo dos vivos durante unha hora. Por un erro burocrático aparece no SOHO de Nova York en lugar de en Londres, onde vivira coa súa familia. Fronte a un auditorio móstrase como moi poucos o coñeceron, revelando os seus vínculos familiares e a súa amizade con Federico Engels e as súas discusións con Bakunin.
A obra amósao loitando para aclarar conceptos que terxiversaron as súas ideas, presentándonos un Karl Marx descoñecido, con latidos de humor agudo, erudito e orixinal.
O autor:
Howard Zinn (1922 – 2010) foi un historiador social de nacionalidade estadounidense. Desde os anos sesenta, foi un referente dos dereitos civís e o movemento antibélico en USA.
O intérprete:
Pepe Sendón é escritor e músico, compoñente de grupos como Nicho Varullo, Quinindiolas, Psicofónica de Conxo ou Ulo Trio. Foi un dos artistas clave para poñer en marcha a Sala NASA e dotala dunha personalidade propia. http://redenasa.tv/es/post/pepe-sendon/
Ligazóns:
http://www.youtube.com/watch?v=iSH8uRRUi5U
https://archive.org/details/contact_jurnale_Marx
http://www.youtube.com/watch?v=0SUlybnCfsQ
https://www.facebook.com/events/221720371330660/?source=1
Data, lugar e hora de representación:
VENRES 4 ABRIL 2014 • 12:00 H
PARANINFO DA FACULTADE DE HISTORIA • USC
ENTRADA LIBRE ATÉ COMPLETAR AFORO