Marx no Soho. Unha obra sobre a Historia, de Howard zinn adaptada e interpretada por Pepe Sendón

O Grupo HISTAGRA organiza, xunto ao artista Pepe Sendón, a representación dunha das obras teatrais máis coñecidas de Howard Zinn, Marx no Soho. Esta actividade,  que celebrarase o venres 4 de abril ás 12h no paraninfo de Historia, enmárcase nas que o Grupo HISTAGRA realiza coa intención de achegar aos alumnos de historia contemporánea e ao público interesado o coñecemento histórico dun xeito ameno.

Argumento:

Marx volve ...e di que non é marxista.

A Karl Marx permíteselle  volver ao mundo dos vivos durante unha hora. Por un erro burocrático aparece no SOHO de Nova York en lugar  de en Londres, onde vivira coa súa  familia. Fronte a un auditorio móstrase  como moi poucos o coñeceron, revelando os seus vínculos familiares e a súa amizade con Federico Engels e as súas  discusións con Bakunin.

A obra amósao  loitando para aclarar conceptos que terxiversaron as súas ideas, presentándonos un Karl Marx descoñecido, con latidos de humor agudo, erudito e orixinal.

O autor:

Howard Zinn (1922 – 2010) foi un historiador social de nacionalidade estadounidense. Desde os anos sesenta, foi un referente dos dereitos civís e o movemento antibélico en USA.

O intérprete:

Pepe Sendón é escritor e músico, compoñente de grupos como Nicho Varullo, Quinindiolas, Psicofónica de Conxo ou Ulo Trio. Foi un dos artistas clave para poñer en marcha a Sala NASA e dotala dunha personalidade propia. http://redenasa.tv/es/post/pepe-sendon/

Ligazóns:

http://www.youtube.com/watch?v=iSH8uRRUi5U

https://archive.org/details/contact_jurnale_Marx

http://www.youtube.com/watch?v=0SUlybnCfsQ

https://www.facebook.com/events/221720371330660/?source=1

Data, lugar e hora de representación:

VENRES 4 ABRIL 2014 • 12:00 H
PARANINFO DA FACULTADE DE HISTORIA • USC
ENTRADA LIBRE ATÉ COMPLETAR AFORO