A violencia, na cultura e na historia, será o tema central do X Curso da Primavera da USC

O Grupo HISTAGRA, a través da co-cordinación de Ana Cabana Iglesia, participa na organización do X Curso da Primavera que a USC celebra entre o 22 e 25 de abril de 2014, no Campus de Lugo. Este ano a temática que se trata circunscríbese a “A violencia, na cultura e na historia”.

Os investigadores membros do Grupo HISTAGRA participarán con dúas conferencias o xoves 24 de abril. Por unha banda, Antonio Míguez Macho (Investigador Marie Curie, USC) disertará sobre Os conceptos que cambian o mundo: Raphael Lemkin e o xenocidio 70 anos despois, e Xosé Ramón Veiga Alonso (Profesor Titular, USC) con A violencia política na Galiza da primeira metade do século XIX.

Amais das conferencias, pódese visitar una exposición, sobre o Castro de Viladonga (Castro de Rei, Lugo): “Vida e violencia na Gallaecia castrexa e romana" no vestíbulo da Facultade de Humanidades do Campus.


Lugar de celebración:
Salón de actos da Facultade de Humanidades

Data de celebración:
22-25 de abril de 2014

Información e inscrición:
Área de Cultura
Vicerreitoría de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo
Praciña da Universidade, s/n. 27001 Lugo
Tfno.: 982 821 513

Documentos