Ponse en marcha a Web da European Rural History Organisation

Xa se pode consultar a Web da European Rural History Organisation en www.ruralhistory.eu

Nesta páxina, ademais de información sobre as asociacións que a conforman, entre elas a SEHA, contará cunha sección de Newsletter todavía por activar, pero que no futuro incorporará mensualmente informacións sobre historia rural en Europa. Nela existe unha ligazón para poder enviar a información que se queira difundir ao conxunto da comunidade de investigadores neste campo. Ademais hai unha sección con ligazóns a diversas asociacións, centros e revistas especializadas en historia rural.

Por outra banda, no novo Site poderase ter acceso ás conferencias 'Rural History' celebradas no pasado como a de Brighton no 2010 ou as vindeiras celebracións como a de Berna no corrente ano 2013 e na que participarán varios membros de HISTAGRA. Lourenzo Fernández Prieto, Miguel Cabo Villaverde e Daniel Lanero participarán como conferenciantes no Rural History Berna 2013.

Rural History 2013 celébrase no marco da Organización de Historia Europea Rural (EURHO). Organizada pola Swiss Rural History Society (SRHS) e os Archives of Rural History (ARH) en Berna, tendo lugar na University of Bern entre o 19 e 22 de agosto de 2013.

Para más información sobre a participación de HISTAGRA no Rural History 2013 consultar aquí.