Acto de devolución Fosa de Asados (Rianxo)
Acto de devolución dos traballos do PMD en Asados, Rianxo
O próximo día 15 de abril ás 11 da maña no concello de Rianxo terá lugar o acto de devolución dos informes sobre os traballos realizados en 2025 na fosa de Asados, en Rianxo. Trátase de explicarlle aos familiares, asociacións e cidadanía os traballos que se realizaron en novembro de 2025 no cemiterio de Asados.
Presentaremos as memorias finais de Historia, Arqueoloxía e estudos antropolóxico-forenses, e atenderemos ás preguntas e reflexións necesarias. Ao acto asistirán parte do equipo de traballo, encabezado polo investigador Antonio Miguez, e será presidido polo Alcalde de Rianxo Julián Bustelo
O Plan cuadrienal integra tres liñas estratéxicas fundamentais das políticas públicas de Memoria Democrática que se pretenden desenvolver ao longo do período (2025-2028), aínda que os seus obxectivos sexan revisables de forma anual. Estas liñas estratéxicas son:
- Localización, exhumación das fosas e identificación de vítimas.
- Divulgación de traballos efectuados e resultados conseguidos.
- Recoñecemento dos lugares de enterramento e promoción dos lugares de memoria
Por parte da USC, a través do Grupo Histagra, o Catedrático de Historia Contemporánea Lourenzo Fernández Prieto e o Doutor en Historia e profesor Antonio Miguez Macho, coordinan un equipo de investigación formado por arqueólogos dirixidos polo profesor da USC Jose Carlos Sánchez Pardo, o antropólogo forense do IMELGA Fernando Serrulla Rech e o equipo de xenética do Instituto de Ciencias Forenses 'Luis Concheiro' dirixido por María Victoria Lareu. As tarefas realizadas en 2025 foron:
Localización, exhumación, identificación de vítimas:
- Fosa de Luou (Teo)
- Fosa de Asados (Rianxo)
- Fosa de Narón/Catabois
- Fosa de Ribeiras de Sor Fase I (Mañón)
Máis información sobre a fosa de Asados:
https://www.nomesevoces.net/gl/lugares/cartografia/fosas/104/fosa-do-cemiterio-de-santa-maria-de-asados