Adra Padron premio do xurado do POY Latam 2025
Un traballo visual sobre os pobos de colonización premiado co POY Latam
O artista lucense Adra Padron ven de ser recoñecido co premio POY Latam pola sua serie fotográfica sobre os pobos de colonización de Lugo, traballo realizado ao aveiro do convenio que sobre esta temática teñen asinado a Universidade de Santiago de Compostela, o concello de Castro de Rei co apoio da Deputación de Lugo.
Paisaxes inventados, é a serie de retratos nos que o artista lucense se achega ao proceso de colonización levado a cabo polo franquismo na Terra Chá, nas súas palabras: "Ana Cabana, experta na colonización, contactoume para falar dun proxecto que impulsa a USC e no que participa un equipo multidisciplinar. O obxectivo é rescatar da memoria a historia dos colonos, preservar o seu legado e homeaxear o que foi o epicentro da modernidade agrícola e gandeira de Galicia. Pareceume fascinante"
O POY Latam foi creado en 2011 por Pablo Corral Vega e Loup Langton para celebrar a excelencia da fotografía documental en Iberoamérica. Ao longo dos anos consolidouse como o concurso sen fins de lucro máis importante da rexión, cun trazo único no mundo: un xurado público, aberto e transparente que converte cada edición nunha escola viva de fotografía.
Máis información:
https://www.elprogreso.es/articulo/a-chaira/adra-pallon-fotografo/202509081149121906294.html