Investigadora de HISTAGRA estuda os pobos de colonizacion de Lugo
Investigadora de HISTAGRA estuda os pobos de colonizacion de Lugo
A investigadora de HISTAGRA, Ana Cabana Iglesia, a través da Universidade de Santiago, ven de asinar un convenio de investigación co Concello de Castro de Rei para levar a cabo pescudas e posta en valor dos pobos de colonización da provincia que pertencen ao concello.
Trátase de executar un traballo que leva por título, “ESTUDO INTEGRAL E POSTA EN VALOR DA EXPERIENCIA COLONIZADORA DA TERRA CHA NO CONCELLO DE CASTRO DE REI (LUGO)” FASE I, onde se desenvolverán as seguintes tarefas:
- Recuperación da memoria das persoas da colonización a partir de entrevistas
- Dixitalización da documentación da colonización
- Realización dunha reportaxe fotográfica de carácter artístico
- Itinerario que permita recorrer os lugares máis emblemáticos e singulares da colonización no concello de Castro de Rei
- Creación de materiais didácticos
O Instituto Nacional de Colonización proxectou varios poblados na Terra Chá lucense para incentivar a producción agrícola na zona. Un dos máis destacados foi Matodoso, que se deseñou como un centro dotacional, perfectamente delimitado e consolidado con igrexa, escola, locais comerciais, parada de autobús e centro cooperativo, mentres que as vivendas distribuíronse nun territorio amplo, vinculadas a amplas propiedades rurais. A racionalidade da proposta, lúcidamente identificada coa realidade da explotación agrícola nesa zona de Galicia, súmase ás formas modernas de cada unha das pezas, tanto as dotacionais como as propias vivendas e os seus espazos para os colonos e o gando.
Tras esta primeira achega ao fenómeno da colonización, tense previsto a elaboración dun segundo convenio que complete os traballos referidos