Nova conferencia de Pasados Incómodos: Conxita Mir

Conferencia de Pasados Incómodos de HISTAGRA: Conxita Mir
O próximo xoves 19 de decembro ás 19 h. na Facultade de Historia, a catedrática da Universitat de Lleida, Conxita Mir, ofrecerá a conferencia "Del colectivo al individuo: hablando de Historia con Conxita Mir", onde nos ofrecerá unha perspectiva dos estudos de historia baseándose na súa longa traxectoria profesional como profesora e investigadora en diferentes universidades catalanas.
Conxita Mir Curcó foi profesora de historia contemporánea da UdL da que é Catedrática Emérita. Os seus primeiros traballos dedicounos á análise do caciquismo político e comportamentos electorais dos anos da Restauración e a Segunda República, desde onde derivou cara ao estudo da violencia política e o control social durante o franquismo, a partires da exploración das fontes xudiciais civís e militares. Membro de diferentes asociacións e do consello de redacción de varias revistas especializadas.
Datos:
Data: 19/12/2024
Título: Do colectivo ao individuo: falando de Historia con Conxita Mir
Relatora: Conxita Mir
Hora: 19 h
Lugar: Aula 13. Facultade de xeografía e historia. USC